miércoles, 8 de febrero de 2012

Nova versión do Espazo Abalar

Terceira versión do espazo web.

Dende este luns hai novas funcionalidades na web do Espazo Abalar. Segundo informa a Consellería de Educación trátase de apartados dedicados a familias, profesorado e centros por medio das novas guías elaboradas para cada un destes ámbitos. A plataforma tamén abre canles en Facebook, Twitter e Youtube.

Os pais, nais e titores legais dos escolares van a poder seguir realizando as accións que xa viñan facendo ata agora, a través do “espazo Familias”. Con esta nova actualización, os responsables dos rapaces poderán realizar un seguimento máis exhaustivo da vida académica dos seus fillos: xustificar as faltas de asistencia e solicitar citas de titoría en liña, coñecer as incidencias máis relevantes e os avisos que afecten ao grupo ao que pertenzan a través de notificacións enviadas polos titores, a consulta do horario do alumnado, as faltas de conduta e as cualificacións de cursos académicos anteriores.
http://botons.eu

No hay comentarios:

Publicar un comentario